Ir al contenido principal

Cursos

Estado del curso: Finalizado

No puede inscribirse porque...

Ya se ha cerrado el plazo de inscripciones

FORMACIÓN BÁSICA DE CAPACITACIÓN PARA TRABALLADORES FORESTAIS.

Agraria

Presencial

EDIFICIO CENTRAD RÚA CHANTADA S/N - PABELLÓN 4 LUGO

Dirixido a todas aquelas persoas interesadas en formarse no eido da silvicultura e que desexen traballar nunha explotación forestal.

18/02/2019 - 16/04/2019

200

DE LUNS A VENRES EN HORARIO DE MAÑÁ

20

O programa "Desenvolvendo o Rural", entre outras, inclúe a liña de capacitación profesional, para dignificar e profesionalizar diferentes sectores.

 

Esta acción formativa está destinada a levar a cabo actuacións de formación e capacitación en traballos forestais, de xeito que os alumnos adquiran coñecementos e destrezas básicas para executar este tipo de traballos.

 

Engloba 4 aspectos formativos integradores:

  • Métodos de repoboación.
  • Aspectos xerais da silvicultura.
  • Coidados culturais.
  • Seguridade e saúde no traballo e as actividades específicas no desenvolvemento das labores nas explotacións forestais.

Con esta formación adquiriranse os coñecementos e habilidades teórico prácticos indispensables para traballar nunha explotación forestal.

 

BOLSA DE TRABALLO

 

Ao finalizar a formación dende a Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, crearase unha bolsa de traballo especializado cos participantes, por orde de puntación na valoración do desempeño da formación, con posibilidade de incorporación as explotacións forestais da provincia.

MÓDULO 1 Vision xeral do ciclo produtivo do monte.

MÓDULO 2 Coñecementos básicos de manexo de planta forestal.

 

PRÁCTICAS (I)

MÓDULO 3 Métodos de repoboación forestal.

 

PRÁCTICAS (II)

MÓDULO 4 Aspectos xerais da silvicultura.

MÓDULO 5 Coidados culturais.

MÓDULO 6 Viveirismo e sanidade forestal.

MÓDULO 7 Maquinaria de roza e motoserra: Uso e mantemento.

 

PRÁCTICAS (III)

MÓDULO 8 Mecanización agraria.

 

PRÁCTICAS (IV)

MÓDULO 9 Prevención de riscos na activiade forestal.

MÓDULO 10 Marco xurídico e normativa.

MÓDULO 11 Orientación laboral e motivacional.

 

PRÁCTICAS (V) Prácticas finais (V).

16/01/2019 - 30/01/2019