Ir al contenido principal

PRESENTACIÓN PROGRAMA REINÍCIATE, ENFOCA O TEU FUTURO

31/01/2022

Mañá día 01.02.2022 ás 17:00, no salón de plenos de Burela, terá lugar a presentación do novo programa promovido pola Deputación de Lugo e a EOI, REINÍCIATE, ENFOCA O TEU FUTURO, dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, desempregados e inscritos no sistema de garantía xuvenil. 

Este programa pretende acompañar aos mozos e mozas coma ti a construir o seu futuro profesional cunha programación integral en materias específicas e moi demandadas polas empresas na actualidade. 

Se non podes acudir mañá ao acto tamén podes ver a información así como inscribirte cubrindo un sinxelo formulario na seguinte ligazón: https://empleojovenlugo.es/